"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 23 de abril de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e todas. ¿Cómo vos foi a semana? A nós bastante ben xa que levantarse e ver un soliño tan bo coma estos días anima o corpo.

Temos que dala benvida a unha rapaza que vai estar connosco un tempo chámase Yolanda e ven facer as prácticas do ciclo que ela está a estudiar relacionado co campo sociosanitario. Tamén temos que saludar a un novo compañeiro que se chama Luciano e vai participar no blog facendo unha sección sendo o tema o deporte, especialmente o fútbol que é unha das súas aficións.

Lles damos todos a benvida e esperemos que se atopen moi agustiño entre nós.

Ata a próxima semana, e a coidarse moito.

Josefino


A RASH

A terceira foi a vencida e esta vez sí puido Luis Vilariño inagurar o seu casilleiro de puntos no CampIonato Galego de Rallies. Tras os abandonos nas citas de Ulloa e Lalín, o piloto de Palas de Rei mostrouse moi satisfeito coa quinta praza obtida na súa visita á comarca do Barbanza, sobre todo pola boa impresión que causou o seu novo coche, co que afirma “ poderase pelexar pola victoria unha vez me atope máis adaptado á súa conducción”.

O inicio da carreira en Noia estivo marcado pola prudencia: “a carreteira estaba mollada O feito de que os cronos non fosen de todo malos demóstrame o bo que é este vehículo e o rápido que se pode correr con él, unha vez o teña máis pola man.”

Vilariño saldaba a súa actuación en Noia coa quinta praza ó final, un resultado que de cara ó Campionato ten o factor engadido de que foi o vencedor na súa división (X12), o que lle permite sumar moitos máis puntos. Por outra parte o feito de que o piloto cántabro Sergio Pérez non bloquee puntos implica que en realidade Vilariño obterá os mesmos puntos que si houbese quedado cuarto.

Suso


O TEMPO

Unha fronte moi pouco activa atravesará Galicia durante o venres deixando os ceos con abundante nubosidade no oeste de Galicia e precipitacións; pola tarde agárdanse intervalos nubosos con chuvascos ocasionais. Estas precipitacións poderían ser en forma de neve nas cotas máis altas da comunidade ás últimas horas.

Durante os vindeiros días da próxima semana Galicia terá un tempo inestable con temperaturas relativamente baixas para a época do ano e chuvias intermitentes. Na segunda metade da semana descenden as probabilidades de chuvia e aumentarán as temperaturas.


Santiago

CONSELLOS PRA BELEZA

Dez solucións pra a pel sensible



Coidarse a pel nestos tempos non é algo sinxelo.. Según a Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV) os mellores consellos pra combatir o problema son os seguientes:

1. A pel sensible é un término coloquial pra describir a pel daquelas persoas que refiren sensación de tirantez, enroxecemento e descamación de forma espontánea ou trala aplicación de determinados productos.

2. Os factores externos que poden provocar maior sensibilidade da pel son o clima seco e frío, a excesiva exposición ó sol, a aplicación de productos que poden irritar ou que poden producir alerxias (conservantes, perfumes), ou estrés, e algúns alimentos e plantas, entre outros.

3. Hai determinados tratamentos dermatolóxicos (“peelings”, dermoabrasión, láser, retinoides orales ou tópicos, productos ricos en vitamina C e hidroxiácidos) pódense producir un estado de hipersensibilidade ainda que só sexa temporal.

4. As persoas coa pel seca tenden a ter pel máis sensible e faise máis patente en climas secos e durante a época de invierno.

5. A pel dos nenos e dos anciáns soe ser máis sensible, no primero caso pola falta de madurez das estructuras da pel, e no segundo pola atrofia secundaria ó envellecemento.

6. Hai zonas especialmente sensibles como son o contorno dos ollos e o pescozo.

7. Convén identificar determinadas enfermedades que condicionan unha pel máis sensible como son a rosácea, e dermatitis seborreica e outros eccemas. O sol soe beneficiar a dermatitis seborreica, pero non a rosácea, ainda que non hai normas establecidas.

8. Nas raras ocasións nas que hai presenza da pel seca ou que se enrroxece con facilidade sen causa aparente pode deberse a unha enfermedade interna, non propiamente da pel, que debe ser investigada polo médico.

9. A evaluación polo dermatólogo é fundamental xa que coa interpretación dos datos que aporta o pacente, as conclusións da exploración física e, nalgúns casos, as probas cutáneas, pódese chegar a identificar a causa.

10.O tratamento para a pel sensible pasará en moitas ocasións por evitar determinados productos que irritan ou producen alerxia, ainda que en outras ocasións requírese un tratamento específico en función da causa. Non pode decirse cós cosméticos e conservantes agravan o problema en todos os casos, dependen da pel, ingredentes como a Aloe vere serven pra refrescar.

Natalia


COCIÑA CONMIGO

Arroz con lubrigrante

INGREDENTES:

Arroz, lubrigrante, auga, cebola, tomate, colorante, aceite de oliva, sal, cenoria e chícharos.

PREPARACIÓN:

Poñemos a ferver a auga e metemos un lubrigrante de 200gr durante 15 min. Nunha paelleIra votamos aceite e despois de picada a cebola e o tomate votámolo todo e o deixamos pochar.

Despois collémolo lubrigrante quitámoslle a cabeza e o corpo e partímolo ó medio, o picamos en anacos pequenos e o votamos na paellera. Mais adiante collémolo arroz (150gr) e mesturámolo na auga onde cocéramos o lubricante. Collemos un vaso de auga e votámolo no arroz cos chicharos e a cenoria. Poñémolo todo a cocer e en 15 minutos ……… LISTO PRA COMER.


MERCEDES E ANA


CURIOSIDADES QUÍMICAS

Despois dunhas semanas aunsentes desta sección xa voltamos cas pilas cargadas:

Capítulo 6

No resto da carreira científica de Newton consagrouse o desenrrolo das súas ideas cientificas no Linconhire .Á idade de 26 anos foi nomeado profesor de matemáticas sucedendo a Barrow . En 1702 ós 30 anos foi elexido membro da Real Sociedade o máis alto honor científico de Inglaterra , sendo reelexido cada ano como presidente, ata a súa morte. Segundo os seus biógrafos, Newton foi elexido perfecto do proceso abstracto .

Dolores

FALANDO UN POUQUIÑO DE DEPORTE

Pepe, central protugués do Real Madrid, está hundido anímicamente pola imaxe que ofreceu ó agredir a dous dos xogadores do Xetafe tras cometer un penalti, e refuxouse no domicilio, rodeado da súa familia, sen acudir ó adestramento voluntario na cidade deportiva de Valdebebas.

Pepe está avergoñado da imaxe que ofreceu no estadio Santiago Bernabéu, como recoñeceu o futbolista.

Luciano

No hay comentarios: