"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 30 de abril de 2009

NOVAS DE SARELA

Saúdos de novo a todos e a todas. Esta semana vai ser algo máis curta que o resto das semanas, ¿cal é o motivo?, pois que o venres 1 de maio celebramos o Día do traballo o que quere dicir, aínda que pareza unha contradicción é que ese día non traballamos.

Vai ser unha pequeniña ponte para aqueles que poidan disfrutar dela e unha máis longa para os que teñen que traballar.

Pois o único que nos queda e desexarvos boas minivacacións e que o pasades moi ben, e á volta volveremos estar con vos para contarvos máis cousiñas.

Josefino

A RAHS

A Fórmula 1 chega a Europa e Fernando Alonso asegura que os próximos tres Grandes Premios en España, Mónaco e Turquía serán decisivos para ver se Renault se recupera do mal inicio da tempada e pode loitar polo título.

As novas actualizacións nos monoplazas para a cita en Barcelona o próximo 10 de maio prometen dar un volco ó campionato deste ano.
Alonso asegurou que Brawn e Red Bull, os dous equipos que gañaron máis carreiras no que vai de ano, teñen tódolos recursos necesarios para manterse no alto a pesar de non estar respaldados por grandes fabricantes.

Suso


O TEMPO

A xornada do venres Galicia quedará baixo influencia anticiclónica, destacando polo tanto a estabilidade atmosférica. Esta estabilidade xunto coa humidade acumulada de días anteriores propiciará que se formen néboas e teremos algunhas nubes baixas nas primeiras horas da mañá; a meirande parte das néboas e nubes desaparecerán antes do mediodía deixando unha tarde de ceos despexados. As temperaturas mínimas terán un descenso, pero as máximas subirán de forma moderada, deixando sensación térmica de calor durante a tarde. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

Cara a fin de semana irase recuperando a influencia anticiclónica. Deste xeito, a probabilidade de chuvia irá en diminución. As temperaturas acadarán valores propios da época do ano.

Santiago


CONSELLOS PRA BELEZA

Remedios naturais pra coidar o contorno dos ollos

Habitualmente dise que os nosos ollos mostran a nosa propia alma, os nosos sentimentos. Non obstante, son moi sensibles ó paso do tempo, momentos nos que, a pel ó redor, pode verse claramente afectada por agresións externas.

Fundamentalmente, porque è a máis fráxil do corpo, é a zona da nosa cara que reflexa na mellor medida o paso dos anos, non apiadándose absolutamente de ninguén.

Precisamente por este feito, requírese unha atención e coidados especias, a ser posible diarios, ou ser -incluso- tremendamente sensibles as diferentes agresións medioambientales e ó estrés moderado do noso ritmo de vida.

Recoméndase, aproximadamente a partir dos 25 anos, utilizar unha crema lixeira e específica para o seu coidado, dado que, a partir desta idade, a producción da elastina e coláxeno ralentízase, existe unha serie de remedios naturais que podes aplicarte cómodamente na casa:

Extender un pouco de vaselina nocontorno dos ollos antes de ir a durmir, axudará a hidratar e suavizar moitas das líneas de expresión desta zona.

• Para relaxar o contorno, unha sabia elección sería combinar leite, auga de rosas e aceite de oliva, aplicándoa cun algodón.

• Bolsas de infusión de manzanilla frías relaxa durante uns minutos a zona, polo que a pel dos pár pados mellorarará bastante.

Natalia

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 6

No resto da súa carreira científica consagrouse co desenrolo das ideas no Lincolnshire. Á idade de 26 anos foi nomeado profesor de matemáticas sucedendo a Barrow (1668). En 1702 ós 30 anos, foi elexido membro da Real Sociedade, o máis alto honor científico de Inglaterra , sendo reelexido cada ano como presidente ata a sùa morte.
Segundo os seus biógrafos, Newton foi exemplo perfecto do profesor abstraído.

Dolores


FALANDO UN POUQUIÑO DE DEPORTE

Rafa Márquez pasou a mañá deste mércores unhas probas no Hospital de Barcelona que confirmou unha doble rotura do menisco interior e exterior da perna esquerda. Según o parte médico facilitado, o mexicano estará de baixa entre 8 e 10 semanas, polo que Márquez di adeus á tempada.

O central someterase o próximo sábado a unha artroscopia na Clínica Quirón a cargo dos doutores Ricard Pruna e Ramón Cugat. O xogador, que afortunadamente non ten os ligamentos afectados, lesionouse no duelo ante o Chelsea conducindo o balón él só.

A lesión de Márquez é unha gran pérdida xa que este vindeiro sábado, vaise disputar no Santiago Bernabéu o derbi máis esperado de tódolos anos, o disputado entre o Real Madrid e o Barça, só nos queda dicir que cañe o mellor e disfrutar moito do encontro.

Luciano

No hay comentarios: