"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 28 de mayo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e todas, xa vai un tempiño, dúas semanas, que non tendes novas nosas. Despois da ponte da Ascensión xa estamos preparados para outras semanas mais sen descanso, bueno tampouco é que morramos co traballo pero si que se agradece ter unha semana máis curta do normal de vez en cando.

Esta semana temos que informarvos que xa temos a data do “Mercadillo de verán”, van ser os próximos 18 e 19 de xuño na Alameda de Santiago. Se hai algún cambiao ou algo máis que contar sobre o mercadillo xa vos imos contando aquí no blog.

Esperamos vervos a todos por alí.

Saúdos e ata a semana que ven.

Josefino

A RAHS

A escudería Brawn GP voltou a protagonizar un novo doblete nesta tempada da Fórmula 1, o terceiro en seis carreiras, esta vez o Gran Premio de Mónaco, cos seus pilotos, o británico Jenson Button e o brasileño Rubens Barrichello.

A superioridade dos monoplazas Brawn GP, que permitiu a Button conseguir a quinta victoria da tempada, voltou a ser “insultante” e en ningún momento foron inquietados polos Ferrari.

O español Fernando Alonso podía rematar un puesto, seguro, ou dous máis arriba na clasificación, pero o enorme tapón que formou o alemán Sebastian Vettel (Red Bull) nas primeiras voltas o afundíu na carreira.

Suso


CONSELLOS PRA IMAXE

Bolsas nos ollos , como mellorar e previr

A formación das bolsas debaixo dos ollos son moi frecuentes e molestas. A prevención é fundamental para evitar un problema que teñen millóns de persoas e que pode mellorar seguindo algùns secretos prácticos.


Sitúate diante do espello e observa ben o contorno dos teus ollos. Se descubres que están hinchados, actúa inmediatamente e sen vacilar. Durante a noite, mentres o noso corpo atópase descansando, prodúcense diversos factores que provocan a paulatina tumefacción e inflamación dos nosos párpados inferiores. Os principais motivos están en que ó pechar os párpados e mantelos inmovilizados, o sistema circulatorio dos canles linfáticos relentécense, dificultando o paso do sangue.

Por outro lado, a posición que adoptamos cando estamos na cama, completamente horizontal, facilita a acumulación de lágrimas nos texidos, chegando a producir pequenos edemas. Contando que ademáis, os párpados inflámanse debido o acopio de desfeitos que o noso corpo xenera e non son completamente eliminados, como é o caso da auga, o sal e o alcol.

Se cando te levantas cada mañá descubres baixo os teus ollos unhas abultadas sombras, débese comezar por colocar sobre os párpados unhas compresas esterilizadas empapadas en auga fría. Desta forma a circulación sanguínea volverá a reactivarse. Podes dirixirte tamén a un establecemento de cosmética onde atoparás diversos tratamentos que calmarán e eliminarán a inflamación dos texidos de forma moi efectiva. Aplícaos pola noite, antes de acostarte, e á primeira hora da mañá. Limpa primeiro ben a pel coa auga e xabón.

Como en tódolos problemas de estética existen tamén remedios caseiros. Coce unha mazá e machácaa ata que quede unha suave pasta. Cando esté completamente fría, colócaa sobre os teus párpados manténdoos pechados. Se o prefires, podes cortar dúas rodaxas de pepino ou calabacín, neste caso crú, e realizar a mesma operación.
Para que o antiestético efecto das bolsas deixe de apagar a túa mirada, ademáis dos remedios explicados, debes saber o importante que é levar unha dieta sana, baixa en sal, especias e bebidas alcohólicas ou excitantes, durmir como mínimo oito horas ó día e manter a túa pel sempre limpa e hidratada.

Seguindo os consellos e prestando maior atención ós primeiros indicios da aparición destas bolsas poderase evitar, é un mal que acomplexa a millóns de persoas en todo o mundo. Non obstante esto ponse como exemplo das vantaxes que conleva coidar o noso corpo.

Natalia

O TEMPO

Durante a xornada de mañán seguiremos Baixo a influencia do anticiclón, centrado sobre as Illas Británicas, e dunha masa de aire moi cálido, de xeito que os ceos continuarán completamente azuis e as temperaturas permanecerán sen cambios ou poderían ascender no caso das mínimas, roldando os 15ºC durante a madrugada e incluso sobrepasando os 30ºC nas primeiras horas da tarde, polo que a sensación térmica será de moito calor. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con intervalos moderados no litoral norte e réxime de brisas nas Rías Baixas.

A influencia anticiclónica irase perdendo progresivamente durante a fin de semana, cando aumentará a probabilidade de chuvia. As temperaturas que durante esta semana irán ascendendo, baixarán a partir do domingo.

Santiago


COCIÑA COMIGO

Albóndigas de bacallao en salsa

Ingredentes para as albóndigas:

2 ovos, ½ kg de bacallao fresco ou desalado, perexil picado, pan raiado, sal, pementa, fariña, aceite e ademais, 1 dente de allo, unhas hebras de azafrán, 1cebola vermella, 1vaso de viño branco, 1vaso de auga, unha pizca de améndoas e aceite de oliva.

Preparación:

Pica a cebola moi fina e dórala no aceite. Agrega o allo moi picado e déixalo pochar durante uns minutitos a medio lume. De seguido, rehoga unha cullerada de fariña e molla co viño blanco e a auga sen deixar de remover. Deixa reducir este salsa uns minutos. Agrega unha pizquita de azafrán e as améndoas machacadas.

Para preparar as albóndigas, retira as espiñas do peixe, se as tivera e desmígao moi ben. Mestúrao co perejil picado, a pementa, os 2 ovos algo batidos, o pan raiado e unha pizquita de sal. Amásao todo ben e fai as albóndigas pasándoas por fariña. Frítelas en aceite ata que doren e logo as engades á salsa. Guisámolo a lume lento durante 10 minutos e sirve.

BO PROVEITO

Ana e Mercedes

jueves, 14 de mayo de 2009

NOVAS DE SARELA

Hola de novo a todos e todas, ¿como foi a semana algo pasada por auga?, nos que pensabamos que ía quedar o bo tempo connosco bastante rato pero nada, se chafou todo.

A semana que ben xa voltamos ter días libres xa que en Santiago se celebra a festividade da Ascensión. Según a axenda cultural da cidade vaise celebrar un concerto de rock no Multiusos Fontes do Sar, nel van actuar: Rosendo, Mago de Oz… ademáis de dous grupos da nosa cidade.

Pois nada, que o pasedes ben si disfrutades das festas da Ascensión e ata dentro de dúas semanas non nos vemos.

Saúdos

Josefino


A RAHS

Jenson Button foi o encargado de conducir a Brawn GP a seu segundo doblete da tempada, e a cuarta victoria do británico en cinco carreiras disputadas, o domingo pola tarde no Gran Premio de España.

Un éxito rotundo para Brawn, que non desmerece a actuación de Red Bull, logrando o terceiro posto para Webber, e o cuarto para Vettel. Este último veu rodando por detrás de Felipe Massa de Ferrari, pero obligou a este a ceder dúas posicions para poder rematar a carreira. Foi Alonso, que calificaba a súa carreira das boas, por quedar o primero das demáis, facedo alusión a que os Brawn e Red Bull corren na outra liga.

Suso

O TEMPO

A xornada de mañán, continuará con inestabilidade meteorolóxica provocada pola presenza aínda de aire frío en altura. Deste xeito, teremos que agardar intervalos nubosos con chuvascos dispersos e ocasionais máis frecuentes no terzo norte. A cota de neve nas primeriras horas do día estará sobre os 1200 metros, subindo progresivamente. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados con intervalos fortes no litoral norte.

Cara a fin de semana, Galicia manterase baixo a influencia de baixas presións atlánticas, con alta probabilidade de chuvia ó principio deste período, diminuíndo progresivamente nos seguintes días. As temperaturas serán baixas para a época do ano.

Santiago

CONSELLOS PRA BELEZA

Axilas manchadas

Un dos factores ten predisposición xenética. Se teus pais teñen axilas oscuras é probable que sexa xenético, neste caso pode ser un problema de hiperpigmentación ou manchas na pel.

Sucédenos a casi todas alguna vez na vida, un día descubrimos que nosas axilas estansen oscurecendo. Este problemiña é mais común nos climas cálidos (o mais aparente) en peles oscuras, pero en realidade ninguén ten garantías pra librarse del.

De maneira úsanse cremas diseñadas pra as manchas no rostro.
Outro caso é a acumulación de células mortas nesta área, esta é a causa mais frecuente é a máis fácil de tratar.

Se ademais das manchas tes a pel irritada e se che arde ou doe pode ser unha reacción alérxica, a algún producto ou unha infección bacterial. Neste caso consulta o teu médico.

Algúns desodorantes. O perfume contido na maioría dos desodorantes pode provocar manchas ó contacto coa luz solar.

Tamén canto mais perfumado sexa o desodorante mais posibilidades de alerxias existen, algunhas veces isto provoca a pigmentación desta zona.

O alcol contido nalgúns desodorantes tamén fai a pel mais sensible ó sol e pode provocar manchas.

As cremas pra depilarse tamen teñen productos químicos moi fortes que podrían causar manchas nalgunhas persoas.

Natalia


COCIÑA COMINGO

Troitas envoltas

Para 4 persoas

Ingredentes: 4 troitas ,4 lonchas finas de panceta afumada ,1 cebola ,un limón , 2 follas de perexil ,4 culleres de aceite de oliva , sal ,pementa .

Preparación:

1.vaciar,lavar e secar a troitas

2. quitar a pel da panceta e facerlle algúns cortes ,pelar e picar a ceboña finamente, cortar o limón en liscas finas e picar moi fino o perexil.

3. Salpimetar as troitas por dentro e por fora e envolver coas lonchas de panceta.

4. Calentar 3 culleres na fonte durante 2 minutos e rehogar a cebola uns 3 min.

5. Engadir ás troitas, rociar cò resto do aceite ,poñer unha lisca de limón e cocer durante 7 min.

6. Espolverar con perexil .Deixar repousar e servir adornado coas liscas de limón restantes.

BO APROVEITO.

ANA E MERCEDES

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 8

Como persoa Newton era moi agradable, sen embargo a miúdo viuse envolto en polémicas cos colegas que poideron ser o reflexo da súa loita cos compañeiros de escola. Tivo unha áspera disputa con outro físico de Cambridge, Robet Hooke fundador da teoria da elasticidade, así como sobre a prioridade da Ley Gravitación Universal . Tivo outras disputas semellantes de prioridade co matematico Goufried Leibiniz respecto á invención do cálculo, e co holandes Cristian Huigems sobre a teoria da luz. O astrónomo Jon Flalansted, foi duro ó falar de Newton , describeuno como insidioso abicioso ……….

Dolores

jueves, 7 de mayo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e todas, ¿como vos foi esta ponte larga da semana pasada?, nos ben, voltamos descansadiños e cas pilas cargadas ó tope.

Temos unha nova moi boa, Noelia, a Educadora Social, tivo ó seu fillo Lois o martes. Dende aquí lle damos a benvida a Lois á vida e moito ánimo a Noelia polas noites sen durmir que lle esperan.

Nós nos despedimos ata a próxima semana e xa vos contaremos á axenda cultural da Ascensión 2009 que pretiño ven.

Saúdos

Josefino

A RAHS

O piloto santiagués Luis Penido concluíu moi satisfeito a terceira participación no RacingShow Caixanova, proba do espectáculo celebrada o pasado sábado en Vigo no marco das actividades do Salón do Automóvil da cidade olívica, un elenco que reuníu a grandes pilotos.

Penido, con seu Lancer EVO VI, comparecía na proba disputada no recinto feiral do Cotogrande, onde diseñábase un novo trazado máis longo e espectacular que en edicións precedentes. Foi unha experiencia moi satisfactoria pois conseguimos meternos na final, onde nos clasificamos quintos o que é todo un gran resultado visto o nivel de coches e pilotaxe presente. Teño que agradecer o apoio dos afecionados, que nos aplaudiron insistentemente, sobre todo na manga decisiva cando o noso coche tivo un problema mecánico que non permitía insertar a primeira velocidade” comentaba o santiagués.

O piloto compostelano acudía a esta proba, de amplia repercusión publicitaria e mediática, grazas ó apoio dos seus patrocinadores, Otero Caritón, Noyamóvil, Kaizen Motor e Concello de Santiago, éste último organismo o que firmou días atrás un acordo de patrocinio para as probas onde compita o actual campeón de Galicia da Montaña no Grupo A.

Clasificación final

1º) Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer EVO VIII)
2º) Didier Auriol ( Mitsubishi Lancer EVO IX)
3º) Ricardo Teodosio (Mitsubishi Lancer EVO VIII)
4º) Alberto Meira (Mitsubishi Lancer EVO IX)
5º) Luis Penido (Mitsubishi Lancer EVO VI)

Suso

O TEMPO

Mañá continuará o debilitamento da influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con máis nubes canto máis ó sueste. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán de dirección variable, frouxos en xeral, moderados nas Rías Baixas pola tarde.

Cara a fin de semana Galicia sufrirá con moita probabilidade a chegada dun embolsamento de aire frío que deixará unha importante caida nas temperaturas e un aumento das posibilidades de chuvia. A medida que avance a seguinte semana é previsible que as condicións melloren.

Santiago

CONSELLOS PARA BELEZA

Rexuvenecemento Facial

O paso do tempo e a acción dos raios solares fan que a nosa pel se volva seca, rugosa, sen elasticidade, que aparezan manchiñas e perdamos brillo. Por iso, Clínica Londres leva a cabo toda unha serie de procedementos para mellorar o cutis e recuperar unha apariencia facial máis xuvenil. Grazas á luz pulsada intensa melloramos visiblemente a calidade da pel, reavivando o tono.

A luz pulsada intensa ou IPL (Intense Pulsed Light) é un método que Clínica Londres pon ó alcance dos pacientes pra rexuvenecer o rostro. É unha técnica basada nun haz de luz que estimula os fibroblastos da pel, favorecendo a formación de coláxeno e que permite unha solución efectiva de lesións cutáneas como o enroxecemento facial e as sinais do foto-.envellecemento. Mellora visiblemente a calidade da pel xa que unifica e reaviva o tono, eliminando ou atenuando de maneira máis eficaz as manchas producidas polo sol.

Pódese aplicar sobre toda a cara, pescozo, escote e mans.
Tratamento recomendado pra:
. Recuperar elasticidade e frescura na pel
• Eritemas
• Rosácea
• Foto-envellecemento e peles dañadas polo sol.
• Problemas de pigmentación
• Pel con aspecto áspero e poros grandes
• Cicatrices do acné

Complemento ideal a outros tratamentos:

• Previo ó lifting cirúrxico da cara ou pescozo
• Como complemento á técnica Resurfacing con láser
• Pra intensificar o resultado de peelings médicos ou microdermoabrasión facial
• Compatible con recheos
• Favorece o efecto provocado de Botox (Vistabel)

Natalia

COCIÑA CONMIGO

Paleta de Porco con champiñóns

Ingredentes: 1 kg de paleta de porco, 1/5 kg de cogomelos, viño branco, pementa branca, sal, aceite e allo.

Preparación: O primeiro que temos que facer é meter o perexil, o allo e o aceite nun morteiro para despois utilizalo de adobo para a carne.

Mentres o adobo entra ben na carne, botámolos cogomelos nunha tixola co aceite e a pementa.

Pasado un tempiño, collemos unha bandexa de forno, colocamos alí a paleta previamente adobada e lle imos botando por riba un vasiño de viño branco e un vaso de auga e así a metemos no forno durante 25 minutos a 180º aproximadamente. Cando casi esté rematada de facer a paleta, botámolos champiñóns na mesma bandexa pnde se cociñou a paleta. Pasados uns 2 minutos xa está LISTO PRA COMER.

Ana e Mercedes

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 7

A miúdo, Newton, traballaba toda a mañán e moitas veces esquecíase de comer. Sumido sempre nos seus pensamentos era moi inxenuo e nada práctico nos problemas cotiás. Cóntase que unha vez fixo un buraco na porta da súa casa para que a súa gata poidera entrar e e sair , e cando a gata tivo crias engadíu ó buraco grande un número de pequenos buracos para cada un dos gatiños.
Como persoa Newton era moi agradable, sen embargo a miúdo viuse envolto en polémicas.

Dolores

FALEMOS UN POUCO DE DEPORTE

El BarÇa estará na final de Roma.

Cando os azulgrana xogaban cun home menos, Iniesta empatou un partido que estaba practicamente perdido.

Ó BarÇa se lle xogas de ti a ti, mátache e o Real Madrid puido comprobalo fai catro días no Santiago Bernabeu, dixo un xogador do Chelsea.

O conxunto culé levaba case todo ó partido perdendo e xa car ó final, despois do primeiro gol, a pounto estivo Drogba de encaixar un segundo.

Agora só queda esperar ó día 27 de Maio e comprobar quen vai ser o novo gañador da liga de Campións, se o equipo ingles (Manchester United), ou o español (BarÇa).

Luciano