"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 7 de mayo de 2009

NOVAS DE SARELA

Boas a todos e todas, ¿como vos foi esta ponte larga da semana pasada?, nos ben, voltamos descansadiños e cas pilas cargadas ó tope.

Temos unha nova moi boa, Noelia, a Educadora Social, tivo ó seu fillo Lois o martes. Dende aquí lle damos a benvida a Lois á vida e moito ánimo a Noelia polas noites sen durmir que lle esperan.

Nós nos despedimos ata a próxima semana e xa vos contaremos á axenda cultural da Ascensión 2009 que pretiño ven.

Saúdos

Josefino

A RAHS

O piloto santiagués Luis Penido concluíu moi satisfeito a terceira participación no RacingShow Caixanova, proba do espectáculo celebrada o pasado sábado en Vigo no marco das actividades do Salón do Automóvil da cidade olívica, un elenco que reuníu a grandes pilotos.

Penido, con seu Lancer EVO VI, comparecía na proba disputada no recinto feiral do Cotogrande, onde diseñábase un novo trazado máis longo e espectacular que en edicións precedentes. Foi unha experiencia moi satisfactoria pois conseguimos meternos na final, onde nos clasificamos quintos o que é todo un gran resultado visto o nivel de coches e pilotaxe presente. Teño que agradecer o apoio dos afecionados, que nos aplaudiron insistentemente, sobre todo na manga decisiva cando o noso coche tivo un problema mecánico que non permitía insertar a primeira velocidade” comentaba o santiagués.

O piloto compostelano acudía a esta proba, de amplia repercusión publicitaria e mediática, grazas ó apoio dos seus patrocinadores, Otero Caritón, Noyamóvil, Kaizen Motor e Concello de Santiago, éste último organismo o que firmou días atrás un acordo de patrocinio para as probas onde compita o actual campeón de Galicia da Montaña no Grupo A.

Clasificación final

1º) Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer EVO VIII)
2º) Didier Auriol ( Mitsubishi Lancer EVO IX)
3º) Ricardo Teodosio (Mitsubishi Lancer EVO VIII)
4º) Alberto Meira (Mitsubishi Lancer EVO IX)
5º) Luis Penido (Mitsubishi Lancer EVO VI)

Suso

O TEMPO

Mañá continuará o debilitamento da influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con máis nubes canto máis ó sueste. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán de dirección variable, frouxos en xeral, moderados nas Rías Baixas pola tarde.

Cara a fin de semana Galicia sufrirá con moita probabilidade a chegada dun embolsamento de aire frío que deixará unha importante caida nas temperaturas e un aumento das posibilidades de chuvia. A medida que avance a seguinte semana é previsible que as condicións melloren.

Santiago

CONSELLOS PARA BELEZA

Rexuvenecemento Facial

O paso do tempo e a acción dos raios solares fan que a nosa pel se volva seca, rugosa, sen elasticidade, que aparezan manchiñas e perdamos brillo. Por iso, Clínica Londres leva a cabo toda unha serie de procedementos para mellorar o cutis e recuperar unha apariencia facial máis xuvenil. Grazas á luz pulsada intensa melloramos visiblemente a calidade da pel, reavivando o tono.

A luz pulsada intensa ou IPL (Intense Pulsed Light) é un método que Clínica Londres pon ó alcance dos pacientes pra rexuvenecer o rostro. É unha técnica basada nun haz de luz que estimula os fibroblastos da pel, favorecendo a formación de coláxeno e que permite unha solución efectiva de lesións cutáneas como o enroxecemento facial e as sinais do foto-.envellecemento. Mellora visiblemente a calidade da pel xa que unifica e reaviva o tono, eliminando ou atenuando de maneira máis eficaz as manchas producidas polo sol.

Pódese aplicar sobre toda a cara, pescozo, escote e mans.
Tratamento recomendado pra:
. Recuperar elasticidade e frescura na pel
• Eritemas
• Rosácea
• Foto-envellecemento e peles dañadas polo sol.
• Problemas de pigmentación
• Pel con aspecto áspero e poros grandes
• Cicatrices do acné

Complemento ideal a outros tratamentos:

• Previo ó lifting cirúrxico da cara ou pescozo
• Como complemento á técnica Resurfacing con láser
• Pra intensificar o resultado de peelings médicos ou microdermoabrasión facial
• Compatible con recheos
• Favorece o efecto provocado de Botox (Vistabel)

Natalia

COCIÑA CONMIGO

Paleta de Porco con champiñóns

Ingredentes: 1 kg de paleta de porco, 1/5 kg de cogomelos, viño branco, pementa branca, sal, aceite e allo.

Preparación: O primeiro que temos que facer é meter o perexil, o allo e o aceite nun morteiro para despois utilizalo de adobo para a carne.

Mentres o adobo entra ben na carne, botámolos cogomelos nunha tixola co aceite e a pementa.

Pasado un tempiño, collemos unha bandexa de forno, colocamos alí a paleta previamente adobada e lle imos botando por riba un vasiño de viño branco e un vaso de auga e así a metemos no forno durante 25 minutos a 180º aproximadamente. Cando casi esté rematada de facer a paleta, botámolos champiñóns na mesma bandexa pnde se cociñou a paleta. Pasados uns 2 minutos xa está LISTO PRA COMER.

Ana e Mercedes

CURIOSIDADES QUÍMICAS

Capítulo 7

A miúdo, Newton, traballaba toda a mañán e moitas veces esquecíase de comer. Sumido sempre nos seus pensamentos era moi inxenuo e nada práctico nos problemas cotiás. Cóntase que unha vez fixo un buraco na porta da súa casa para que a súa gata poidera entrar e e sair , e cando a gata tivo crias engadíu ó buraco grande un número de pequenos buracos para cada un dos gatiños.
Como persoa Newton era moi agradable, sen embargo a miúdo viuse envolto en polémicas.

Dolores

FALEMOS UN POUCO DE DEPORTE

El BarÇa estará na final de Roma.

Cando os azulgrana xogaban cun home menos, Iniesta empatou un partido que estaba practicamente perdido.

Ó BarÇa se lle xogas de ti a ti, mátache e o Real Madrid puido comprobalo fai catro días no Santiago Bernabeu, dixo un xogador do Chelsea.

O conxunto culé levaba case todo ó partido perdendo e xa car ó final, despois do primeiro gol, a pounto estivo Drogba de encaixar un segundo.

Agora só queda esperar ó día 27 de Maio e comprobar quen vai ser o novo gañador da liga de Campións, se o equipo ingles (Manchester United), ou o español (BarÇa).

Luciano

No hay comentarios: