NOVAS DE SARELA
Boas a todos e todas, xa vai un tempiño, dúas semanas, que non tendes novas nosas. Despois da ponte da Ascensión xa estamos preparados para outras semanas mais sen descanso, bueno tampouco é que morramos co traballo pero si que se agradece ter unha semana máis curta do normal de vez en cando.
Esta semana temos que informarvos que xa temos a data do “Mercadillo de verán”, van ser os próximos 18 e 19 de xuño na Alameda de Santiago. Se hai algún cambiao ou algo máis que contar sobre o mercadillo xa vos imos contando aquí no blog.
Esperamos vervos a todos por alí.
Saúdos e ata a semana que ven.
Josefino
A RAHS
A escudería Brawn GP voltou a protagonizar un novo doblete nesta tempada da Fórmula 1, o terceiro en seis carreiras, esta vez o Gran Premio de Mónaco, cos seus pilotos, o británico Jenson Button e o brasileño Rubens Barrichello.
A superioridade dos monoplazas Brawn GP, que permitiu a Button conseguir a quinta victoria da tempada, voltou a ser “insultante” e en ningún momento foron inquietados polos Ferrari.
O español Fernando Alonso podía rematar un puesto, seguro, ou dous máis arriba na clasificación, pero o enorme tapón que formou o alemán Sebastian Vettel (Red Bull) nas primeiras voltas o afundíu na carreira.
Suso
CONSELLOS PRA IMAXE
Bolsas nos ollos , como mellorar e previr
A formación das bolsas debaixo dos ollos son moi frecuentes e molestas. A prevención é fundamental para evitar un problema que teñen millóns de persoas e que pode mellorar seguindo algùns secretos prácticos.
Sitúate diante do espello e observa ben o contorno dos teus ollos. Se descubres que están hinchados, actúa inmediatamente e sen vacilar. Durante a noite, mentres o noso corpo atópase descansando, prodúcense diversos factores que provocan a paulatina tumefacción e inflamación dos nosos párpados inferiores. Os principais motivos están en que ó pechar os párpados e mantelos inmovilizados, o sistema circulatorio dos canles linfáticos relentécense, dificultando o paso do sangue.
Por outro lado, a posición que adoptamos cando estamos na cama, completamente horizontal, facilita a acumulación de lágrimas nos texidos, chegando a producir pequenos edemas. Contando que ademáis, os párpados inflámanse debido o acopio de desfeitos que o noso corpo xenera e non son completamente eliminados, como é o caso da auga, o sal e o alcol.
Se cando te levantas cada mañá descubres baixo os teus ollos unhas abultadas sombras, débese comezar por colocar sobre os párpados unhas compresas esterilizadas empapadas en auga fría. Desta forma a circulación sanguínea volverá a reactivarse. Podes dirixirte tamén a un establecemento de cosmética onde atoparás diversos tratamentos que calmarán e eliminarán a inflamación dos texidos de forma moi efectiva. Aplícaos pola noite, antes de acostarte, e á primeira hora da mañá. Limpa primeiro ben a pel coa auga e xabón.
Como en tódolos problemas de estética existen tamén remedios caseiros. Coce unha mazá e machácaa ata que quede unha suave pasta. Cando esté completamente fría, colócaa sobre os teus párpados manténdoos pechados. Se o prefires, podes cortar dúas rodaxas de pepino ou calabacín, neste caso crú, e realizar a mesma operación.
Para que o antiestético efecto das bolsas deixe de apagar a túa mirada, ademáis dos remedios explicados, debes saber o importante que é levar unha dieta sana, baixa en sal, especias e bebidas alcohólicas ou excitantes, durmir como mínimo oito horas ó día e manter a túa pel sempre limpa e hidratada.
Seguindo os consellos e prestando maior atención ós primeiros indicios da aparición destas bolsas poderase evitar, é un mal que acomplexa a millóns de persoas en todo o mundo. Non obstante esto ponse como exemplo das vantaxes que conleva coidar o noso corpo.
Natalia
O TEMPO
Durante a xornada de mañán seguiremos Baixo a influencia do anticiclón, centrado sobre as Illas Británicas, e dunha masa de aire moi cálido, de xeito que os ceos continuarán completamente azuis e as temperaturas permanecerán sen cambios ou poderían ascender no caso das mínimas, roldando os 15ºC durante a madrugada e incluso sobrepasando os 30ºC nas primeiras horas da tarde, polo que a sensación térmica será de moito calor. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con intervalos moderados no litoral norte e réxime de brisas nas Rías Baixas.
A influencia anticiclónica irase perdendo progresivamente durante a fin de semana, cando aumentará a probabilidade de chuvia. As temperaturas que durante esta semana irán ascendendo, baixarán a partir do domingo.
Santiago
COCIÑA COMIGO
Albóndigas de bacallao en salsa
Ingredentes para as albóndigas:
2 ovos, ½ kg de bacallao fresco ou desalado, perexil picado, pan raiado, sal, pementa, fariña, aceite e ademais, 1 dente de allo, unhas hebras de azafrán, 1cebola vermella, 1vaso de viño branco, 1vaso de auga, unha pizca de améndoas e aceite de oliva.
Preparación:
Pica a cebola moi fina e dórala no aceite. Agrega o allo moi picado e déixalo pochar durante uns minutitos a medio lume. De seguido, rehoga unha cullerada de fariña e molla co viño blanco e a auga sen deixar de remover. Deixa reducir este salsa uns minutos. Agrega unha pizquita de azafrán e as améndoas machacadas.
Para preparar as albóndigas, retira as espiñas do peixe, se as tivera e desmígao moi ben. Mestúrao co perejil picado, a pementa, os 2 ovos algo batidos, o pan raiado e unha pizquita de sal. Amásao todo ben e fai as albóndigas pasándoas por fariña. Frítelas en aceite ata que doren e logo as engades á salsa. Guisámolo a lume lento durante 10 minutos e sirve.
BO PROVEITO
Ana e Mercedes
jueves, 28 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario