NOVAS DE SARELA
Boas a todos e a todas, que calor vai, isto é morrer pero veredes como vai durar pouco, non se di que esta, a nosa cidade, é o lugar onde a chuvia é arte, pois ala, arte pra todos.
Bueno, deixando un lado o tempo, este mércores, algúns de nós fumos ó cine a Área Central, tivemos unha tarde bastante entretida, comimos todos xuntos un bocata e logo fumos disfrutar dunha boa película, "Anxos e Demos", a cal nos recomendaron ir ver.
Pois nada, non vos quitamos máis tempo, e disfrutade do sol agora que podedes.
Saúdos
Josefino
A RAHS
O piloto asturiano engade que: "sen embargo, sigo crendo que mais adiante pode remos loitar polo podio e gañar carreiras, exactamente como ocurríu o ano pasado. Sabemos que non é fácil, pero o equipo enteiro está extremadamente motivado e determinado a volver a estar nos primeros postos".
Sobre o circuito de Estambul Park, escenario do Gran Premio de Turquía, sinala que é: "un circuito divertido con boas posibilidades para adiantar, sobre todo na curva 12, ó final da recta traseira, que leva a parte final do circuito con curvas lentas".
Engade Fernando Alonso sobre o circuito que: "tamén ten partes rápidas e algunhas das curvas especias como a larga á esquerda número 8, con tres vértices, unha das mais exixentes do ano". Unha das claves para conseguir un bo resultado en Turquía, é: "atopar un bo equilibrio para o coche, que responda ben en ambos sectores, nos rápidos e nos lentos".
Suso
O TEMPO
Mañá, venres, Galicia quedará baixo os efectos das baixas presións, con aire frío en capas altas da atmosfera, polo que hai que agardar ceos anubrados e chuvascos de distribución aleatoria e con potencial treboento. As temperaturas mínimas seguerán sen variar e as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos moderados no litoral de Lugo.
Durante a fin de semana, Galicia quedará nunha zona de inestabilidade atmosferica, con altas probabilidades de chuvia e temperaturas baixas para a época do ano. no comezo da vindeira semana a situación anticiclónica poderá recuperarse, aínda que as probabilidades de chuvia seguen a ser altas para a xornada do luns.
Santiago
COCIÑA CONMIGO
COGOLLOS CON ATÚN E QUEIXO
Ingredentes:
200 gramos de atún ou bonito en aceite
200 gramos de queixo de untar Philadelphia
4 cogollos de leituga
16 anchoas en conserva
2 pementos morróns asados
1 ceboleta
Aceite de oliva
Vinagre e sal gorda
Elaboración:
Corta os cogollos en catro metades cada un e colócaos oredor dunha fonte. Coloca no centro o atún ou o bonito. Enrriba de cada cogollo úntase 50 gramos de queixo Philadelphia, ponse unha anchoa e unha tira de pemento pelado. Añade a ceboleta en xuliana e aliña con vinagre, aceite e sal.
MERCEDES E ANA
jueves, 4 de junio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario