"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 11 de junio de 2009

NOVAS DE SARELA


Saúdos de novo a todos e todas, unha semana máis nos atopamos aquí con vós para informaros das novidades que van xurdindo por estes lares.

Lembrámosvos que o vindeiro xoves 18, mailo venres 19, de 17:00 a 21:00 horas, faráse o mercadiño de verán coma tódolos anos. O lugar será a Alameda, non no Toural coma edicións pasadas.

Ademáis imos ter unha exhibición de obediencia de cans. Algúns de nós imos tódalas semanas a unha finca xunto a un club chamado “Agility” cos que aprendemos a facer diferentes circuítos. Así, estes días vos mostraremos o noso traballo, que aínda que non o pareza é algo complicado pero que nós pouco a pouco o imos conseguindo.

Bueno, pois xa nos despedimos de todos e esperamos vervos a semana que ven.

Saúdos.

Josefino

A RAHS

O Gran Premio de Turquía rematou coa sexta victoria de Jenson Button das sete probas que levamos disputadas este Mundial 2009 da Fórmula 1. Acompañárono no podio Mark Webber e Sebastian Vettel.

Pouco hai que comentar no duelo entre Button e Barrichello, 7 a 0, e a desastrosa carreira do brasileño de onte. Barrrichello calaba o seu coche na parrilla e perdía varias posicións. Nos seus intentos de adelantamento acababa co alerón dianteiro tocado, e finalmente retirouse na volta 49 por un problema no cambio. Parece que Barrichello volve á época de Ferrari onde tódolos problemas mecánicos lle pasaban a él. Mentras tanto a xente xa se pregunta en que carreira se proclamará Button Campeón do Mundo.

Suso


CONSELLOS PRA BELEZA

Receita caseira pra caída do cabelo con aloe vera

Tratamento de beleza caseiro anticaída do cabelo

Polas súas propiedades, o aloe vera constitúe a base de innumerables produtos de beleza. O nivel do coro cabeludo, actúa expulsando as bacterias e os depósitos de graxa que obstrúen os folículos pilosos, sendo moi efectivo no tratamento da caspa e seborrea, que como é ben sabido, de non ser tratada a tempo, conduce inevitablemente á caída do cabelo. Por outra parte, seus conpoñentes estimulan a xeneración e nutrición capilar, favorecendo a recuperación do cabelo.

O aloe vera está considerado como unha das mellores fontes naturais pra manter un cabelo saudable, xa que ó nutrir profundamente os folículos pilosos, activa os mecanismos que xeneran o cabelo, estimula o seu crecemento, detén a súa caída e logra que luza forte e fermoso.

En calquera caso, a penetración profunda do aloe vera no coro cabeludo, favorece a recuperación capilar, a partir dos nutrintes, minerais, vitaminas, aminoácidos e enzimas, entran na súa composición.

Se bén existen productos comercias, tanto na forma de champús como de acondicionadores, que conteñen aloe vera, moitos dos principios activos se atopan atenuados. A mellor forma de aproveitar o máximo as súas propiedades, é utilizándoo no seu estado natural.


Ingredentes:

aloe vera,1 trozo


Modo de aplicación:

•Pódese utilizar o xugo de aloe vera como champú, fixador ou acondicionador.

•O xugo extraese do interior das follas carnosas, é un líquido xelatinoso e transparente que deberás aplicar directamente sobre o coro cabeludo e masaxear pra axudar á súa penetración.

•Podes deixalo actuar algúns minutos, antes de enxauguar ou deixalo toda a noite; sen embargo deberías ser coidadoso, xa que as propiedades astrinxentes do aloe vera poderán resecar en exceso o teu cabelo.

•Tamén podes cortar o trozo de folla, ó que previamente lle eliminaches as espinas, pola metade e pasas masaxeando, polo coro cabeludo.

•Unha vez seco, deixar actuar un rato, antes de enxauguar con auga tibia e logo con auga fría.

O aloe vera dará brillo, forza e protección os teus cabelos.

Natalia

O TEMPO

Na xornada de mañá a situación anticiclónica na península Ibérica e a presencia de inestabilidade sobre o Atlántico propiciará a chegada dunha masa de aire cálido do norte de Africa que deixará ceos despexados, agás no norte de A Coruña e Lugo durante a mañá e ascenso importante das temperaturas. Os termómetros poderán superar os 30ºC durante a tarde no interior da comunidade, de xeito que a sensación de calor será intensa; novamente a excepción será o norte de A Coruña e Lugo onde os termómetros non ascenderán con tanta intensidade e a sensación térmica será máis suave pola tarde. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde no litoral e zonas marítimas.

Durante a vindeira semana o tempo será primaveral e polo tanto, variable, cun aumento da influencia anticiclónica na segunda parte da semana. A probabilidade de chuvia será baixa en xeral. As temperaturas acadarán valores propios da época do ano ou lixeiramente inferiores.

Santiago


COCIÑA COMIGO

COELLO Á CERVEXA

Ingredentes: un coello de 1/5 kg , 5 ceboletas ,1 culler de fariña ,1 copa de coñac , 2 dentes de allo , un pouco de tomillo ,1 vaso de auga , 1 cervexa , sal , aceite e 1 vaso de salsa de tomate .

Preparación:

Trocear o coello e sazonar gardando os figadillos . Picar a ceboleta e póchaa no aceite xunto con dous dentes allos e sal. Cando esté ben pochado, engade a fariña, refoga e engande despois os trozos de coello refogand outra vez. Engade o tomillo e o coñac, flambléao e engade a cervexa, a auga e a salsa de tomate. Mestura todo ben. Deixa guisar 35 minutos ata que esté tenro. Pon a punto de sal e sirve .BO PROVEITO.

MERCEDES E ANA


CURIOSIDADES QUÍMICAS

CAPÍTULO 8

Ó longo dos anos en Cambridge, Newton traballou no desenrrolo das brillantes ideas que concebíu entre os vintetres e os vintecinco anos mais mantivo en secreto a maioría dos seus experimentos . Isto explica o feito de que toda a súa obra fora publicada moito máis tarde, a obra sobre a mecánica e gravidade ós corenta e catro anos, e a obra sobre óptica, ós sesenta e cinco.

Destacou en numerosísimos campos da ciencia . Fíxose famoso polos seus descubrimentos no cálculo infinitesimal ,a natureza da luz branca e a teoría da Gravitación Universal .

Á idade de cincuenta anos decidíu abandoar a vida académica e comenzar a buscar una posición que reportase mellores ingresos.

Dolores

No hay comentarios: