NOVAS DE SARELA
XA CHEGOU O VERÁN!!!!!!!!
Bueno xa chegaron as vacacións de verán, que rápido pasa o tempo, ¿non? Miña nai, fai nada estabamos por alí por setembro cando comezámolo curso, coma tódolos comezos moi entusiasmados por volver a ver a tódolos compañeiros.
¿Porqué non facemos un pequeño recordo dalgunhas cousas que pasaron neste tempo? Pois por decembro nos deixou a nosa logopeda, Angélica para ir traballar a outro lado máis pretiño da súa casa, e no seu lugar entrou Ruth, unha rapaza noviña e algo tola, que sempre nos anda a romper un pouco a cachola. Neste mes tamén chegou o Nadal coma tódolos anos, e xunto a el, o Mercadiño que fixemos en Área Central, que a verdade saíu bastante ben.
En Xaneiro, incorporáronse novos compañeiros e profesionais: Mercedes e Dolores como usuarias, e Belén e Noelia como profesionais.
En marzo, mais ou menos, fumos a unha excursión á Marcelle, unha granxa que queda por Lugo. Pasamos un día de convivencia todos xuntos disfrutando das diferentes especies e da paisaxe.
Durante todo este tempo tamén saímos pola zona vella de Santiago, fumos algunha exposición e o que máis nos gustou foi a visita da orquestra París de Noia.
A verdade que un curso bastante axetreado e agora chegan as vacacións para disfrutar das nosas familias e actividades de ocio preferidas.
Pois nós despedímonos ata o vindeiro curso, recordando que este xoves 18 e o venres 19, témolo Mercadiño de Verán no Paseo Central da Alameda, esperamos vervos por alí.
Que disfrutedes moito.
Saúdos
Sarela
lunes, 6 de julio de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)