"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



miércoles, 28 de febrero de 2007

ENQUISA A NATALIA


1) ¿ Como te chamas?
Natalia Gestoso Remuiñán
2) ¿ Cantos anos tes?
Teño 24 anos
3) ¿Onde vives?
Vivo en Santiago de Compostela
4) ¿ Estudiaches algún oficio?
Estudiei peluquería e estética en Llongueras
5) ¿ Tes irmás?
Si, teño un irmán, que ten 28 anos e chámase Eloy
6) ¿ E mozo?
Non, curiosos. Tiven un mozo e agora non me gusta ninguén
7) ¿ Que fas na túa vida?
Pasear por Santiago, ver a miña familia, comprar roupa, tomar café, ir ó cine....
8) ¿ Por que estás en Sarela?
Porque tiven un accidente de moto e aquí axudáronme a recuperarme. Ensináronme a falar, a camiñar, etc...
9) ¿ Gústache vir?
Sí, porque o paso de maravilla cos compañeiros, imos á piscina, temos informática, actividades manuales, taller de periodismo....
10) ¿ Gústache a música?
Si gústame a música en Español como “Fito e Fitipaldis” e “ El canto del Loco. Tamén me encanta bailar
11) ¿ Que outras aficións tes?
Saír da casa inda que chova , mirar escaparates ca miña nai e logo cando estamos cansas tomar un café.
12) ¿ Gústanche as filloas?
Non, gustanme as orellas para tirarche delas.

martes, 27 de febrero de 2007

ENQUISA A ROCIO (directora de Sarela)


1 ¿ Quen fundou SARELA?
Un grupo de familiares afectados por Dano Cerebral Adquirido.
2 ¿ En que ano se constitueu?
No 2000
3 ¿ Por qué se creou?
Para poder axudarse mutuamente
4 ¿ Por qué se chama SARELA?
En referencia ó río Sarela, pois queremos que os recursos necesarios para a atención o Dano Cerebral Adquirido flúan como as súas augas.
5 ¿ Con cantos socios contades?
Con 170 persoas asociadas.
6 ¿ Hai mais Asociacións de Dano Cerebral en España?
Sí. Tan so en Galicia somos 5.
7 ¿ Con qué profesionais conta SARELA?
Con aqueles profesionais que van a ser imprescindibles nunha atención integral: fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, logopeda, traballadora social, psicólogo, psiquiatra, monitores e voluntarios.
8 ¿ Qué servicios ofrece?
Atención e rehabilitación.
Centro de día.
9 ¿ Cal é o obxetivo do Centro de Rehabilitación?
Favorecer e lograla máxima autonomía persoal daquel afectado por dano cerebral Adquirido.
10 ¿ Cantos pacientes hai en Rehabilitación?
Sobre 25 persoas en réxime ambulatorio.
11 ¿ Cantos talleres hai no Centro de Día?
Actualmente estanse levando a cabo sete: estimulación cognitiva, informática, periodismo, golf, piscina, T.A.C.O.A. (Taller de coidado de animais) e actividades manuais. O remate de cada periodo de talleres vanse incorporando outros novos.
12 ¿ Cantos usuarios tendes?
11 usuarios que veñen diariamente.
13 ¿ Axúdanvos voluntarios ou alumnos en práticas?
Si, acuden varios voluntarios da universidade e outros espontáneos.

lunes, 19 de febrero de 2007

Graciñas por todo

A noticia de esta semana é triste porque marcha Esther, inda que estamos ledos porque atopou un traballo . Esto non significa que o taller de periodismo se acabe nin que as nosas novas desaparezcan, pois intentaremos por nós mesmos seguir adiante con él.
De todos los xeitos, si aparece alguén que queira seguir a labor de Esther, nos encantados.
Aproveitamos esta nova para agradecerlle a Esther a súa gran colaboración e paciencia para arrancar con nós este “blog” de Sarela.
Moitísimas gracias e moita sorte.
Un bico do equipo do Sarela.

miércoles, 7 de febrero de 2007

Coas mans



Os venres durante toda a mañá temos taller de manualidades. Carmen é a nosa profesora, pero agora non pode vir porque está recuperándose dun accidente. Angélica substitúea ata que poida volver.

No taller de manualidades traballamos con moitos materiais: lapiz e bolígrafo, barro, madeira, pintura acrílica, telas, papel, pedra, cunchas, cera, sales de baño, pezas metálicas, mimbre...

Con estes materiais facemos numerosas manualidades: caixas de madeira, marcos, palilleiros, caixas garda-chaves, caixas con flores prensadas, algodoneiras, suxeitanotas, marcapáxinas, lapiceiros, pisapapeis, imáns para a neveira, maceteiros, cepillos, salvamanteis, velas, portavelas, botelliñas de sales de baño, móviles, xogos do 3 en raia, colgantes de nadal, cestas, figuras variadas, queimadores de incenso, colgantes, pulseiras, chaveiros, pendentes, lámparas...

Todas as cousas que facemos vendémolas logo nos mercadiños que facemos dúas veces ao ano. Na primeira quincena de xuño no Toural e a principios de xaneiro en Área Central. De todos xeitos en calquera momento podedes achegarvos a mercar as nosas manualidades na Asociación Sarela, ou ben encargar algunha delas do noso catálogo.

jueves, 1 de febrero de 2007

1º CHAPUZON DO SARELA

Hoxe comezamos as 10:15 a ir á piscina do Multiusos do Sar, onde iremos todos os xoves. Primeiro quitamos a roupa para quedar en bañador e poñemos o gorro e as gafas, así metémonos na piscina cuberta.
Todos levamos flotador ao principio mentres nos habituamos á auga.
Cada un de nós ten un monitor que nos acompaña en todo momento.
Cada un fai movementos personalizados.
Joaquín hoxe fixo movementos coas dúas pernas e a man esquerda, e fixo exercicios de pe e de costas.
Juan aprendeu a camiñar para manter o equilibrio e nadou de costas.
Suso nadou boca abaixo e de costas tamén.
Pablo nadou boca abaixo e boca arriba e fixo exercicios para que o pasara ben e mellorara o equilibrio.
Natalia nadou de crol e de costas, e aprendeu a tirarse de cabeza