"A-RASH"- CONSELLOS PRA IMAXE- O TEMPO





COCIÑA CONMIGO - CURIOSIDADES QUÍMICAS -



jueves, 6 de marzo de 2008

O Concello ofrece unha parcela en Conxo para un centro de día destinado a persoas con dano cerebral

03/03/2008 O presidente da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", José Balboa, reuniuse en Raxoi co alcalde. Alí manifestoulle a intención da asociación de construír un centro de día e solicitou a colaboración municipal. Sánchez Bugallo ofreceulle unha parcela en Conxo para este fin.
O alcalde indicou que o Concello está disposto a ceder para o centro de día unha parcela destinada a usos asistenciais en Conxo "ben comunicada, a 10 metros dun parque público, urbanizada e preto das zonas hospitalarias". Tamén confirmou a intención municipal de subvencionar a licenza de obra, tal como se fai nestes supostos con entidades de carácter social.

A cesión podería realizarse nun prazo dun ou dous meses a partir de que se formalice a petición. A Asociación tamén vai iniciar conversas con outras institucións, como a Xunta ou a Deputación da Coruña, a fin de que poidan colaborar na iniciativa.

Pola súa parte, José Balboa agradeceu a colaboración municipal e indicou que o centro de día proxectado podería dar servizo a unhas 50 persoas e que contaría cunha pequena residencia. Na actualidade a Asociación atende a uns 40 afectados.

(Juan Manuel Vilar)


NOVAS CON VENTURA

A DIETA GALEGA

¿ Como é a dieta galega ?
A alimentación converteuse nos últimos anos nunha das principais preocupacións da sociedade e que ten moita importancia sobre a saúde.

¿Como levan os galegos as dietas?
A vida sendentaria dos nenos pequenos provocou que na actualidade un de cada tres nenos de entre dous e dezasete anos padezan problemas de obesidade e sobrepeso.
En Galicia, o 60% da población adulta padece sobrepeso e obesidade. Para frenar eses malos hábitos non hai pócimas máxicas, senón unha recomendación simple: dieta saudable e máis exercicio.

¿Coidan os galegos a súa alimentación?
Unha mala alimentación pode dar lugar a esclerosis, colesterol e diabetes.
Tomar peixes é moi beneficioso para a saúde, e os mariscos teñen moitos minerais esenciais.
Nosoutros, en xeral, abusamos de graxas de porco.

(Ventura)


DJ JOAQUIN

“El Canto del Loco” estará o próximo día 15 de abril en Santiago de Compostela. O concerto celebrarase na Sala Capitol ás dez da noite e todavía non se sabe o prezo das
entradas. Neste concerto presentarán o seu novo disco “Personas” e haberá que agardar ata o día 1 de abril para poder mercalo.

(Joaquín y JM)


RINCON GASTRONÓMICO

O MELLOR COCTEL CHÁMASE “DAMA AMARILLA”
A ourensana Noa Lípez Forneiro fíxose co premio do concurso José Rodriguez Moldes de coctelería,que organizou o IES Fragas do Eume de Pontedeume . A xoven estudante do Centro Superior da hostelería de Galicia gañou este premio grazas a elaboración da “dama amarilla” elaborado con xenebra , triple seco (licor de laranxa), zumo de laranxa, e sucre. A esta novena edición do concurso presentáronse outros nove centros de toda España.
Noa Lirez é alumna de segundo de xestión de empresas hosteleiras e prepárase para desenrolar o seu traballo de directiva hosteleira .
No primeiro ano de servizo foi cando Noa fixo a formación sobre cocteleira.

(Ana e Matilde)


ZONA OCIO

BELEZA&NATALIA

Depilación Láser
A Depilación Láser foi unha auténtica revolución, empezouse a utilizar nos anos 90 e inicialmente sólo se pode usar en peles moi claras debido a que o láser non diferenciaba entre o pigmento da piel e o do folículo piloso polo, que se podía producir algunha queimadura, pero gracias os avances tecnolóxicos esto deixou de pasar. O seu uso experimentou un gran crecemento nos últimos anos debido a sua eficacia, rapidez e resultados duradeiros. E un método moi rápido e efectivo que permite depilar todas as partes do corpo, excepto a zona máis cercana o ollo.

(Natalia)


SUSO&MOTOR

Rali do Cocido de Lalín
Pedro Burgo adaptouse mello ó húmido asfalto co que amenceron as carreteiras dezanas e adxudicouse o XIV Rali do Cocido de Lalín. O lucense ganou os primeiros parciais da xornada e ahí á hora do almorzo adicouse a administrarse unha ventaxa a quince segundos sobre Javier Paz.
Bamarti, mentres loitaban dende a distancia. O vixente campeón galego e ídolo local sufría un problema mecánico cos freos. O Mitshubishi do piloto lucense foi o que máis complicadas lle puxo as cousas o gañador da proba.
O accidente máis grave da xornada protagonizouno o coruñés Diego Cabanela no primeiro tramo. Tanto él coma o seu copiloto Alberto Rodríguez foron evacuados a un hospital en Santiago. Luis Vilariño demostrou que aínda lle quedan kilómetros para dominala súa máquina, o Fiat punto. Alberto Meira situaba o seu Mitsubishi na cuarta Posición, a casi tres minutos de Pedro Burgo. A organización viuse sorprendida pola arrolladora presenza do público nas cunetas de Lalín.

(Suso)

SARELADAS

As rapazas de agora
Son dos mais cordas
Poñen dous pares de medias
Para telas pernas gordas

(Juan Rendo)

1 comentario:

Anónimo dijo...

eloooo!
el canto del loco en santiago? vaia por dios! sempre levan ós mesmos de sempre!
estuven na cidade fai uns dias pero desta vez non tuven tempo pq o unico dia que estabades no centro tiñao reservado para ir ó medico.snif...de todas formas cando volva a ir pasareime a visitarvos!
biquiños!